Luisa Sánchez salienta a forza da canteira do Club Natación Vigo Rías Baixas
26/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou no acto de presentación da nova tempada do Club Natación Vigo Rías Baixas, que afronta o curso 2026-2027 con 158 licenzas federativas, 81 delas nas categorías de base. A institución provincial apoia ao club a través da liña de axudas destinada a entidades de categoría inferior a estatal. Luisa Sánchez salientou o papel do Rías Baixas como club de formación e puxo o foco nos resultados acadados pola súa canteira na pasada tempada, cun campionato de España infantil e o título galego infantil masculino. “É moi boa noticia ver que detrás dos resultados hai tantos nenos e nenas adestrando e competindo cada semana”, sinalou.
