SmartPeme oferta esta semana tres novos obradoiros

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación ofrece cursos sobre ciberseguridade, Google Analytics e programación

10/10/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como o uso da VPN en ciberseguridade, o aproveitamento de Google Analytics e programación con Arduino.

Hoxe luns Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o obradoiro “Ciberseguridade, uso da VPN”. Este curso ten como obxectivo fomentar o uso das VPN, por que debemos usar unha VPN, de que forma nos protexe o uso de VPN.

O martes terá lugar “Google Analytics para a toma de decisións” un taller centrado na importancia e o funcionamento desta ferramenta para poder aproveitar correctamente todas as funcións das que se pode facer uso. O obradoiro estará impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing.

O peche da semana de obradoiros será o xoves 13 de outubro, co taller “Programación con Arduino I. Teórico I”. O obxectivo do itinerario é o de iniciarse e adquirir soltura cunha das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, cunha serie de serie de talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido. Esta formación componse de 4 talleres, 3 deles teóricos online e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. O curso será impartido, de novo, por Manuel Freire.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 18 resultados.