null OTAC - Identificación e captación de fondos

Eixe 5. Oportunidades de financiamento

Identificación e captación de fondos

$

Servizo de apoio especializado aos concellos da provincia na identificación, planificación e captación de fondos autonómicos, estatais e europeos. Inclúe a definición dunha estratexia de financiamento coordinada a nivel provincial.

Beneficios

  • Incrementar o acceso a fondos públicos impulsando sinerxías entre diferentes programas.
  • Mellorar a planificación de proxectos, maximizando os resultados dos investimentos realizados.
  • Reducir a carga técnica dos concellos.

Obxectivos

  • Definir unha estratexia de financiamento.
  • Xerar oportunidades para desenvolver proxectos mediante a captación de fondos.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Identificación de necesidades susceptibles de financiamento a través de convocatorias de fondos.
  • Identificación e análise de convocatorias de financiamento de interese para o concello.
  • Asesoramento na elaboración da documentación técnica das convocatorias.
  • Resolución de dúbidas en relación coa captación e xestión dos fondos.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.