Eixe 1. Servizos informáticos comúns
Mantemento e infraestruturas TIC
Servizo de xestión, mantemento e supervisión das infraestruturas tecnolóxicas do concello, no que se inclúen centros de datos, redes, cablaxe estruturada, sistemas de alimentación ininterrompida e espazos técnicos. Garántese a dispoñibilidade, continuidade e seguridade dos recursos TIC.
Beneficios
- Reducir as incidencias e os tempos de inactividade.
- Mellorar a eficiencia operativa e a seguridade da infraestrutura tecnolóxica.
- Optimizar o rendemento e prolongar a vida útil dos equipos.
Obxectivos
- Asegurar o funcionamento continuo e estable das infraestruturas.
- Proporcionar asistencia técnica áxil e eficaz.
- Manter actualizada e segura a infraestrutura tecnolóxica municipal.
Modelo de prestación
Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.
Apoio proporcionado
- Monitorización constante de infraestruturas tecnolóxicas para a detección temperá de incidencias técnicas.
- Mantemento preventivo diario para asegurar o bo estado dos equipos.
- Mantemento correctivo inmediato e asistencia técnica fronte a incidencias.
- Actualizacións regulares de seguridade e rendemento.
- Informes periódicos de estado e recomendacións técnicas de mellora.
- Recompilación de boas prácticas e leccións aprendidas.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.