Axenda de actividades provinciais
Exposición "Mundos Deconstruidos"
Do
03/10/2025
ao
19/10/2025
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Fernando Carballa, quen ten traballado diversas técnicas como a pintura, o collage, a fotografía, o gravado, a cerámica ou o fotopolímero, achéganos unha proposta artística na que o debuxo abandona a súa función preparatoria e subalterna para adquirir entidade propia e elevarse á categoría de obra de arte. Carentes de artificios, o seus debuxos rexistran o trazo do artista, o seu pulso, e son a substancia do que acontece.
Información
Horario
- De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
- Sábados 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
- Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas