Pontegal 2016

Pontegal 2019

A Deputación, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas e en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Pontegal 2019. A través deste Plan retribuiráselles aos grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2019 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de xaneiro ao 31 de decembro de 2019

Última modificación: xoves, 14 marzo 2019