Ateneo Provincial pola Igualdade
Obradoiro para ler poesía
“Mulleres de palabra(s)”
Poetas coma Lóstregos. Ler a Poesía que Refulxe
APIARIO
Dores Tembrás e Antía Otero
Concibimos este obradoiro como unha oportunidade para achegarse á palabra poética, centrándonos na produción literaria de autoras galegas contemporáneas. Os obxectivos son atallar os prexuízos co xénero e afondar no acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto con algunhas das obras máis relevantes das últimas décadas. Todo isto para deternos en conceptos coma silencio, música do poema, ritmo, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe...
Confeccionarase unha escolma e con ela abordaremos todos estes conceptos para ir construíndo un espazo onde as persoas participantes serán tamén protagonistas a través das súas lecturas. O fío condutor será precisamente aquilo que refulxe en cada unha das poéticas e que nos permitirá destacar os motivos centrais destas, teimas e obsesións que configuran a singularidade de cada unha das propostas.
SESIÓN 1: Xohana Torres e Luisa Villalta
SESIÓN 2: Carmen Pereiras e Ana Romaní
SESIÓN 3: Lucía Aldao e María Lado
SESIÓN 4: Susana Aríns e Antía Otero
Datas: os xoves 18 e 25 de setembro e 2 e 9 de outubro
Horario: de 19.30 a 21.30 h
Localización: salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra. Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra
Dirixido a persoas que queiran aproximarse ou afondar na poesía galega e adquirir ferramentas para gozar da súa lectura.
Capacidade limitada: 20 prazas
Inscricións en participa.igualdade@depo.es