A Deputación destina 111.000 euros do Plan Concellos a Gondomar para o saneamento e pavimentación na Rochela, en Vilaza

Os fondos provinciais financiarán a ampliación da rede de saneamento, o que mellorará as condicións medioambientais da veciñanza como da contorna

16/10/2022

A veciñanza da Rochela, na parroquia de Vilaza de Gondomar, verá cumprida a súa demanda de contar cun sistema de saneamento en todo o núcleo. Farao trala aprobación por parte da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dunha achega de 111.176 euros do Plan Concellos. Os fondos provinciais empregaranse ademais para a pavimentación da zona.

O proxecto consiste na ampliación do servizo de saneamento de augas residuais neste núcleo mediante a instalación dun colector de recollida cos correspondentes pozos de rexistro, o que mellorará as condicións medioambientais tanto da veciñanza como da contorna. Ademais, tamén se formula a mellora da capa de rodadura dos viarios

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 16 resultados.