Luis López anuncia un investimento de 730.000 euros para mellorar a estrada provincial EP-4001 Ponteareas-Guillade

O proxecto está enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, que ten un orzamento total de 1,5 millóns de euros

20/12/2024

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar na súa Xunta de Goberno un convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para destinar 730.000 ao acondicionamento dun tramo de 900 metros da estrada provincial EP-4001 Ponteareas-Guillade. O presidente provincial, Luis López, explicou que se trata dun proxecto enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, financiado con fondos europeos Next Generation e cun orzamento total de 1,5 millóns de euros.

En concreto, a Deputación aporta preto de 340.000 euros do orzamento total, 310.000 € proveñen dos fondos Next Generation e o Concello de Ponteareas asumirá os 85.000 euros restantes. Con estes recursos vaise acondicionar un tramo desta estrada, concretamente entre o núcleo urbano de Ponteareas e o núcleo rural da Gaiosa, para mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado como para o peonil. Neste último eido, no que respecta ao tráfico peonil, daráselle prioridade incrementando o espazo ocupado polas beirarrúas e creando zonas de convivencia.

“Facémolo porque queremos que todos os recunchos desta provincia estean perfectamente preparados para que tanto os pontevedreses como os visitantes poidan desfrutar das experiencias 100% Rías Baixas”, asegurou o presidente Luis López.

 

Noticias relacionadas

{"classPK":11806752,"groupId":"37861","name":"20241217_isabel_couselo_reunion_alcaldesa_ponteareas.jpg","alt":"Reunión con Nava Castro conexión rúa Trovador Xoán García de Guillade con N-120","title":"20241217_isabel_couselo_reunion_alcaldesa_ponteareas.jpg","type":"document","uuid":"444f34f3-122f-cdc5-f873-1b6d87dbe2ac","fileEntryId":"11806752","resourcePrimKey":"11806768"}

A Deputación avanza co Concello de Ponteareas a creación dunha nova vía que conectará a rúa Trovador Xoán García de Guillade coa N-120

  17/12/2024

{"classPK":8118698,"groupId":"37861","name":"20240415_isabel_couselo_concello_ponteareas.jpg","alt":"Isabel Couselo, nunha xuntanza con membros do Goberno e persoal técnico do Concello de Ponteareas","title":"20240415_isabel_couselo_concello_ponteareas.jpg","type":"document","uuid":"5df746d4-625c-9b3e-3e2c-c2e7f418037f","fileEntryId":"8118698","resourcePrimKey":"8118730"}

A Deputación avanza na redacción do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade e a N-120

  15/04/2024

{"classPK":8118698,"groupId":"37861","name":"20240415_isabel_couselo_concello_ponteareas.jpg","alt":"Isabel Couselo, nunha xuntanza con membros do Goberno e persoal técnico do Concello de Ponteareas","title":"20240415_isabel_couselo_concello_ponteareas.jpg","type":"document","uuid":"5df746d4-625c-9b3e-3e2c-c2e7f418037f","fileEntryId":"8118698","resourcePrimKey":"8118730"}

A Deputación inviste case un millón de euros no primeiro camiño escolar seguro de Ponteareas

  26/08/2022