A Deputación presenta en ARCOmadrid a primeira Bienal de Artes Vivas, que terá lugar o vindeiro mes de xullo en Santa Clara

O vicepresidente Rafa Domínguez presentou as claves de Nas marxes, que se celebrará en Santa Clara do 2 ao 12 de xullo, xunto ao seu comisario Iñaki Martínez Antelo

06/03/2026

A Deputación presenta en ARCOmadrid a primeira Bienal de Artes Vivas, que terá lugar o vindeiro mes de xullo en Santa Clara

No marco de ARCOmadrid, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este venres a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 2 e o 12 de xullo en diferentes espazos interiores e exteriores do Convento de Santa Clara, consolidando así un modelo estable e profesionalizado de programación cultural para a cidade. Acompañado polo comisario Iñaki Martínez Antelo, Domínguez remarcou que a Bienal inicia unha nova fase de expansión e proxección internacional, abrindo o seu ámbito de actuación a formatos e linguaxes diversos e integrando as prácticas vivas e contemporáneas como territorio de experimentación, diálogo e encontro coa cidadanía.

“O noso compromiso é claro: a cultura non pode depender da improvisación nin de ciclos curtos. A Bienal é unha aposta estrutural da Deputación por un modelo cultural sólido, estable e ambicioso no tempo”, afirmou o vicepresidente. Domínguez puxo en valor que esta edición non responde a unha acción puntual, senón que forma parte dun proceso de transformación profunda que dota á Bienal dunha estrutura anual alterna: nos anos impares celebrarase a edición de Artes Visuais e nos anos pares a de Artes Vivas. “Estamos consolidando un proxecto con continuidade, planificación e vocación de permanencia, reforzando a presenza da Bienal na vida cultural de Pontevedra e fortalecendo o vínculo entre creación contemporánea e sociedade”, sinalou.

O vicepresidente destacou tamén o papel simbólico e estratéxico de Santa Clara, espazo que acollerá a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. “Santa Clara deixa de ser un lugar pechado para converterse nun espazo vivo, aberto á creación contemporánea e á participación cidadá. Recuperamos patrimonio para activalo culturalmente e poñelo ao servizo da sociedade”, subliñou ao tempo que puxo en valor a importancia de presentar o proxecto en ARCOmadrid, un dos principais escaparates da arte contemporánea a nivel estatal e internacional. “ARCO é tamén un espazo de traballo institucional no que estamos tecendo alianzas, xerando novas colaboracións e situando Pontevedra no mapa das grandes citas culturais contemporáneas. A Bienal é cultura, pero tamén é proxección exterior, dinamización e oportunidade para o noso territorio”, afirmou o vicepresidente.

Pola súa banda, Iñaki Martínez Antelo explicou que Nas marxes articúlase como “un programa situado nos límites desde os que repensar a relación entre arte, espazo e comunidade. A proposta reunirá máis de 20 artistas procedentes da danza, a música, o teatro, a performance, a arte sonora ou o circo, que presentarán tanto estreas absolutas concibidas especificamente para esta edición como outras pezas e procesos en desenvolvemento”. Neste eido, a primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra desenvolverase en distintos espazos do Convento de Santa Clara —como a igrexa, o xardín ou o coro baixo— activando o diálogo entre arquitectura, creación contemporánea e público. “Interésanos traballar desde o proceso, o corpo, a voz e a acción, abrindo a institución a dinámicas máis experimentais e participativas”, subliñou o comisario.

A participación da Deputación de Pontevedra por segundo ano consecutivo en ARCOmadrid reforza a proxección da Bienal no ámbito estatal e consolida a súa inserción no ecosistema artístico contemporáneo, impulsando a súa apertura internacional e a creación de novas redes de colaboración. Deste xeito, a Bienal de Pontevedra continúa a súa nova etapa cun modelo claro, estable e sostible no tempo, reafirmando o seu compromiso coa creación contemporánea e co papel da cultura como eixo estratéxico de desenvolvemento.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14819645,"groupId":"37861","name":"rafa-madrid.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita no Museo Reina Sofía e na Residencia de Estudiantes de Madrid dúas exposicións para as que cedeu obras o Museo de Pontevedra","title":"rafa-madrid.jpg","type":"document","uuid":"c4054171-a86c-d20f-050d-1ef5532f3da6","fileEntryId":"14819645","resourcePrimKey":"14819918"}

Rafa Domínguez visita no Museo Reina Sofía e na Residencia de Estudiantes de Madrid dúas exposicións para as que cedeu obras o Museo de Pontevedra

  09/03/2026

{"classPK":14710455,"groupId":"37861","name":"rafa_dominguez_e_inaki_martinez_antelo.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara","title":"rafa_dominguez_e_inaki_martinez_antelo.jpg","type":"document","uuid":"dafa8169-64b0-2e7d-55d5-bc92af8b339c","fileEntryId":"14710455","resourcePrimKey":"14710473"}

A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara

  28/02/2026

{"classPK":14697975,"groupId":"37861","name":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","alt":"A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra","title":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","type":"document","uuid":"ea343894-a472-2ba4-80ec-987d8b75bb29","fileEntryId":"14697975","resourcePrimKey":"14698138"}

A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra

  26/02/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.