A Deputación activa a campaña “100% Gastronomía das Rías Baixas”, coa que promocionará con food trucks as festas gastronómicas de interese turístico na provincia

A institución provincial destinará preto de 280.000 € á contratación desta campaña, que achegará ata 366 degustacións aos 61 concellos da provincia “para promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía”

16/05/2025

rafa domínguez en rolda de presa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á campaña “100% Gastronomía das Rías Baixas”, unha acción de promoción das festas gastronómicas de interese turístico da provincia empregando food trucks, á que destina preto de 280.000 euros. O obxectivo, como explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, é “promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía nos 61 concellos da provincia”.

Desta maneira, a Deputación habilitará tres food trucks que farán tres rutas diferentes, polo norte, centro e sur da provincia. Nos percorridos realizarán degustacións a base dos menús que elaboran nestas festas gastronómicas, que son 25 entre as de interese turístico galego, nacional e internacional que se desenvolven na provincia. En total, promoveranse 366 degustacións en formato de pinchos ao longo de cinco meses para o público asistente.

Trátase, tal e como confirmou o vicepresidente provincial, “dun novo programa co que queremos seguir promocionando o noso, a nosa gastronomía que tantas alegrías nos dá. Porque como recollemos na nosa estratexia Rías Baixas Turismo 61, a gastronomía é o fío condutor perfecto para vertebrar e unir a todos os concellos da provincia como un destino común”.

 

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14819056,"groupId":"37861","name":"20260306_luislopez_foodtruck_cuntis_jphilippot_05.jpg","alt":"LUIS LÓPEZ VISITA CUNTIS FOOD TRUCKS O SABOR DAS RÍAS BAIXAS","title":"20260306_luislopez_foodtruck_cuntis_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"9a99a3e6-448d-d9a7-1d9f-4cd72cbc763e","fileEntryId":"14819056","resourcePrimKey":"14819074"}

Luis López comproba en Cuntis a boa acollida da estrea das food trucks “O Sabor das Rías Baixas”, un novo impulso da Deputación a un turismo de calidade e descentralizado

  07/03/2026

{"classPK":12851685,"groupId":"37861","name":"20250526_LuisLopez_DORiasBaixas_Restevez-1.jpg","alt":"Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Isidoro Serantes","title":"20250526_LuisLopez_DORiasBaixas_Restevez-1.jpg","type":"document","uuid":"4a3dca9f-1104-c211-7550-b0fafb577122","fileEntryId":"12851685","resourcePrimKey":"12851883"}

Luis López sinala o enoturismo como unha oportunidade para impulsar o turismo na provincia nun encontro cos responsables da denominación de orixe Rías Baixas

  26/05/2025

{"classPK":12808988,"groupId":"37861","name":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","alt":"Rafa Domínguez en rolda de prensa","title":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"4456d24a-3a07-d320-ba9b-d6a89412a898","fileEntryId":"12808988","resourcePrimKey":"12809000"}

A Deputación pon en marcha en Portas, Campo Lameiro e Moraña o programa piloto de mellora da mobilidade no rural +Mobe, dotado con 555.000 €

  16/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.