A Deputación pon en marcha en Portas, Campo Lameiro e Moraña o programa piloto de mellora da mobilidade no rural +Mobe, dotado con 555.000 €

Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo optimizar o sistema de transporte público e mellorar a mobilidade e a conectividade en zonas de reto demográfico da provincia

16/05/2025

rafa domínguez en rolda de presa

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o novo proxecto +Mobe, un programa piloto que desenvolverá nos concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña e que busca mellorar a mobilidade e conectividade en zonas de reto demográfico do rural da provincia cun orzamento total de 550.000 euros. A Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aceptar unha axuda para desenvolver esta iniciativa do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico de 500.000 €, sendo un dos 100 proxectos de toda España que reciben financiamento ao abeiro da convocatoria de axudas para proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Tal e como explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, o proxecto desenvolverase a través de cinco liñas de acción que buscan optimizar o sistema de transporte público para unha mobilidade máis inclusiva e sostible e, ao tempo, fortalecer o acceso a servizos públicos esenciais e de proximidade. Entre elas, inclúese a posta en marcha dun estudo participativo entre a veciñanza para identificar os destinos frecuentes, os horarios preferidos, os puntos de parada ou, entre outras cuestións, as necesidades. En base ás conclusión extraídas, implantaranse novas rutas de transporte e tamén se desenvolverá unha APP móbil con información en tempo real sobre percorridos, xeolocalización, paradas horarios ou tempos de chegada, entre outros.

“Temos claro que a calidade de vida no medio rural depende do acceso aos servizos públicos esenciais e de proximidade, e por iso decidimos poñer en marcha este proxecto”, asegurou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, que lembrou que a Deputación “quere estar ao carón dos veciños e veciñas dos 61 concellos da provincia, apoiándoos para que teñan as mesmas oportunidades vivan onde vivan”.

Novas relacionadas

{"classPK":15034924,"groupId":"37861","name":"20260730_convenio_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis López asina o convenio da Liña Conecta Rural: un servizo gratuíto de autobús en colaboración coa Xunta para conectar Campo Lameiro, Moraña e Portas con Pontevedra","title":"20260730_convenio_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"91ebfc09-ee1c-3396-3ee0-ac29bd0c7998","fileEntryId":"15034924","resourcePrimKey":"15034975"}

Luis López asina o convenio da Liña Conecta Rural: un servizo gratuíto de autobús en colaboración coa Xunta para conectar Campo Lameiro, Moraña e Portas con Pontevedra

  30/03/2026

{"classPK":12831324,"groupId":"37861","name":"20250522_rafa-dominguez-congreso-cidades-intelixentes-1.jpg","alt":"Rafa Domínguez na inauguración do I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular","title":"20250522_rafa-dominguez-congreso-cidades-intelixentes-1.jpg","type":"document","uuid":"f306a82a-0c93-ca01-0b21-268d712fa96d","fileEntryId":"12831324","resourcePrimKey":"12831342"}

Rafa Domínguez participa na apertura do I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular

  22/05/2025

{"classPK":12808893,"groupId":"37861","name":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Rafa Domínguez","title":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"2d5050b8-d26c-3b07-216f-3f05508e7e21","fileEntryId":"12808893","resourcePrimKey":"12808909"}

A Deputación avanza na renovación da iluminación exterior en nove concellos da provincia, cun orzamento de 930.000 euros

  16/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.