A Deputación investirá 738.200 euros na execución de cunetas de seguridade en 20 estradas provinciais de concellos das comarcas de Pontevedra, O Morrazo, Caldas e Vigo

Esta actuación forma parte do acordo marco de execución de cunetas de seguridade nas estradas provinciais da Deputación, que ascende a 2 millóns de euros neste 2025

25/07/2025

A Deputación de Pontevedra investirá 738.200 euros na execución de cunetas de seguridade en 20 estradas provinciais de concellos das comarcas de Pontevedra, O Morrazo, Caldas e Vigo. En concreto, estes recursos beneficiarán a Pontevedra, Vilaboa, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas, Moraña, Bueu, Redondela, Moraña e Campo Lameiro e forman parte do acordo marco de execución de cunetas nas estradas provinciais da Deputación, que ascende a 2 millóns de euros neste 2025.

En Pontevedra actuarase nas estradas provinciais EP-0004 Marcón-Pintos-A Reigosa, na EP-0014 O Tombo-O Salgueiral e na EP-0018 Xeve-Amil-A Espedregueira; en Vilaboa na EP-0105 Bértola-A Ramalleira-N-550; na Lama na EP-0306 Ponte do Vergudo-Cambeses-A Barcia; en Cerdedo-Cotobade na EP-0401 Carballedo-CAroi, na EP-0413 Paraños-Piscifactoría e na EP-0406 Vilanova-Tenorio; en Poio na EP-0602 Portosanto-Lourido-Campelo; en Cangas na EP-1001 Cangas-Coiro-A Madalena e na EP-1008 O Hío-Vilanova; en Moaña na EP-1103 San Bieito-Domaio e na EP-1102 Meira-Fraga; en Bueu na EP-1304 Bueu-Igrexario de Cela e na EP-1305 Igrexario de Cela-O Outeiro-Bueu; en Redondela na EP-2901 Cesantes-O Viso-Alxán e na EP-2904 Redondela-A Portela; en Moraña na EP-8201 Moraña-Santa Xusta-Couso e na EP-8203 O Souto-Igrexa de Lamas e en Campo Lameiro na EP-8302 O Couso-Agueiros. En todas elas levaranse a cabo, ademais das cunetas, actuacións de saneado e fresado do firme para despois repor a capa de rodadura, obras de drenaxe e de reposición de sinalización se fose necesario.

“Nunha semana aprobamos 6,4 millóns de euros para garantir o óptimo estado dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, remarcou o presidente Luis López. Así, aos 2 millóns aprobados para executar cunetas de seguridade hai que engadir os 4,4 millóns de euros aprobados a pasada semana para conservar o firme da rede viaria da Deputación de Pontevedra.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.