A Deputación renova a cuberta do anfiteatro do centro vacacional da Lanzada

07/11/2022

Carpa A Lanzada

No marco das distintas actuacións de mellora que se están a acometer no Centro Vacacional da Lanzada, onde se desenvolven cada verán os campamentos de Depo Aventura que atraen a 1.500 menores da provincia, a Deputación de Pontevedra vén de executar a substitución da cuberta do anfiteatro onde se celebran as actividades colectivas e celebracións deste programa. Deste xeito, a institución provincial destinou un orzamento de preto de 48.000 euros para substituir a cuberta téxtil e os toldos laterais por uns de tecido de poliéster recuberto de PVC . Tamén se substituíu o anel estructural superior.

Estas actuacións súmanse ás realizadas antes da celebración dos campamentos deste 2022, que consistiron no incremento do número de tendas de campaña, a ampliación da zona de comedor e o acondicionamento da zona de árbores.

Galerias de imaxes