A Deputación tínguese de vermello para conmemorar este mércores o Día Mundial da Hemofilia

A institución súmase á iniciativa promovida pola Asociación Galega de Hemofilia coa iluminación do Pazo provincial

15/04/2024

Pazo tinguido de vermello

A Deputación de Pontevedra iluminará o Pazo provincial de vermello desde a 1:00 horas do mércores 17 ata o 7:00 horas do xoves 18 de abril con motivo do “Día Mundial da Hemofilia”. Desde xeito a institución provincial únese á petición da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) para darlles visibilidade aos trastornos de coagulación hereditarios.

O Día Mundial da Hemofilia celébrase o 17 de abril e foi establecido pola Federación Mundial da Hemofilia (FMG) no ano 1989 para recordar a data de nacemento do seu fundador. Nesta data preténdese concienciar a poboación sobre esta enfermidade e fomentar a investigación para mellorar a calidade de vida das e dos pacientes. Este ano a campaña está centrada en reivindicar o acceso á atención de forma equitativa a todas as persoas afectadas.

A hemofilia é un conxunto de trastornos provocado por unha mala coagulación sanguínea que pode causar hemorraxias espontáneas ou relacionadas con algún traumatismo. Trátase dunha enfermidade hereditaria na que as mulleres son as portadoras e os homes os principais afectados, aínda que tamén se coñecen casos de mulleres doentes. Forma parte do grupo de enfermidades raras debido á súa baixa cifra de persoas afectadas.