Luis López adianta ao alcalde de Campo Lameiro un apoio máximo de 1 M€ da Deputación a través de programas como o +Provincia, o Plan Extra ou o PEID para o ano 2025

O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Carlos Costa no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións

25/01/2025

Luis López co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Campo Lameiro. Carlos Costa, o apoio do organismo provincial por un máximo de 1,05 millóns de euros para este ano 2025 a través dos plans de cooperación cos concellos que a Deputación ten en marcha este ano, como son o +Provincia, a segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o novidoso Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra. Un anuncio que se produciu esta semana nun encontro institucional entre os dous dirixentes no despacho do presidente no Pazo provincial e que serviu tamén para abordar proxectos comúns e asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.

Ao abeiro do plan +Provincia do ano 2025, un programa de récord que repartirá un total de 48,2 millóns de euros entre os concellos da provincia, a Deputación pon a disposición do Concello de Campo Lameiro un total 462.000 euros, dos que 323.400 euros se destinarán á Liña 1 de investimentos, 38.350 euros, a sufragar gasto corrente pola Liña 2; 88.700 euros, á contratación de persoal pola Liña 3; e 11.550 euros á redacción de proxectos transformadores pola Liña 4.

A segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas duplica os recursos destinados polo ente provincial á mellora das instalacións municipais cun orzamento de 8 millóns de euros, dos que o Concello de Campo Lameiro recibirá 85.850 euros, o que supón un incremento de máis de 57.000 euros con respecto aos recursos recibidos no primeiro plan.

Así mesmo, o Concello de Campo Lameiro poderá recibir tamén unha subvención de ata 500.000 euros correspondente ao novidoso Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra, que mobiliza un total de 35 millóns de euros para promover a execución de proxectos para construír ou rehabilitar infraestruturas, mellorar ou  humanizar espazos públicos ou iniciativas que melloren a xestión de residuos nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Un apoio que pode superar o millón de euros e que duplicaría o achegado pola Deputación ao Concello de Campo Lameiro ao longo do 2024, ano no que recibiu un total de 490.000 euros a través dos plans de cooperación provinciais. Durante o encontro, o presidente Luis López deu tamén os parabéns ao rexedor polo labor que está a desenvolver á fronte do Concello e reafirmou o compromiso da Deputación de seguir tendendo pontes e colaborando en todo o que sexa posible.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12167683,"groupId":"37861","name":"20250211_javier-touris_marcos-guisasola_campo-futbol-Pepe-Meis-2.jpg","alt":"javier touris e marcos guisasola","title":"20250211_javier-touris_marcos-guisasola_campo-futbol-Pepe-Meis-2.jpg","type":"document","uuid":"cfe9fb5d-cbbc-423a-2c71-8eb1497db224","fileEntryId":"12167683","resourcePrimKey":"12167746"}

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de 100.000 euros para transformar o campo de fútbol José Betanzos Doval, “Pepe”, de Meis

  11/02/2025

{"classPK":12032435,"groupId":"37861","name":"20250124_roldaprensa_rafaestevez_09.jpg","alt":"rolda de prensa de Luis López","title":"20250124_roldaprensa_rafaestevez_09.jpg","type":"document","uuid":"6c98b2ec-ebfa-9576-be66-f860d0518305","fileEntryId":"12032435","resourcePrimKey":"12032872"}

A Deputación aproba achegas por valor 180.000 euros para que Arbo e A Lama realicen melloras en equipamentos deportivos

  24/01/2025

{"classPK":11774307,"groupId":"37861","name":"20241211_isabel-couselo_alcalde-campo-lameiro_estradas-provinciais.jpg","alt":"Isabel Couselo e o alcalde de Campo Lameiro","title":"20241211_isabel-couselo_alcalde-campo-lameiro_estradas-provinciais.jpg","type":"document","uuid":"54d0b4ae-8e59-db9a-f78b-690f5319887a","fileEntryId":"11774307","resourcePrimKey":"11774319"}

A Deputación e o Concello de Campo Lameiro avanzan no proxecto de mellora da seguridade viaria de catro estradas provinciais cun orzamento de máis de medio millón de euros

  11/12/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.