A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda iniciar a vixilancia do mildio nas viñas

O centro dependente da Deputación apunta que coa situación actual de  desenvolvemento das plantas aínda non son necesarios os tratamentos

25/03/2022

Maduración oospora

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras iniciar a vixilancia do mildio, aínda que subliña que co actual estado de desenvolvemento das plantas aínda non é necesario empezar con tratamentos.

Persoal técnico da EFA  constatou a recente maduración da oospora ou ovo de inverno do mildio. Porén, o desenvolvemento da vexetación segundo o observado na propia viña de Areeiro (aínda en saída de follas), e de acordo coas informacións de diferentes persoas das principais zonas vitícolas, aínda non é compatible coas infeccións, e só nun caso dunhas plantas moi protexidas si o sería, pero parece ser unha situación excepcional. Por esta razón, desde Areeiro subliñan que de momento só é preciso iniciar a vixilancia das viñas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.