Areeiro insiste na necesidade de seguir a revisar as viñas polo risco extremo de mildio

A Estación Fitopatolóxica alerta da aparición de abundantes manchas nas follas das plantas sen tratar e recomenda que en caso de ter que facer algún tratamento se realice nos momentos de claros 

30/05/2022

Manchas en folla de planta testemuña  

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar este luns un novo aviso fitosanitario no que insiste en que é imprescindible revisar as viñas ante o "risco extremo" de desenvolvemento do mildio, cunhas previsións meteorolóxicas que anuncian para estes días precipitacións e temperaturas nocturnas mínimas elevadas.

Tralas chamadas recibidas por parte de persoas viticultoras alertando da aparición de síntomas de mildio en viñas de diferentes variedades, persoal da EFA comprobou que tamén están a aparecer manchas nas viñas da propia parcela de Areeiro, especialmente nas plantas testemuña. Por esta razón e polas citadas previsións meteorolóxicas, recomenda a revisión detallada das viñas para comprobar o seu estado, aínda que estean teoricamente protexidas. Areeiro sinala que, en caso de ter que actuar, se realice igualmente aproveitando os momentos de claros.

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 25 resultados.