A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros

As entidades deportivas disporán, a partir deste xoves, dun prazo de 20 días hábiles para presentar as súas solicitudes

08/04/2026

A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros

A Deputación de Pontevedra publicou este mércores no Boletín Oficial da Provincia (Boppo) a convocatoria anual das axudas dirixidas aos clubs da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. Así, este xoves, 9 de abril, abrirase o prazo de 20 días hábiles no que as entidades deportivas poderán presentar as súas solicitudes para recibir este financiamento provincial, destinado a sufragar os gastos derivados da súa actividade durante a actual tempada: federativos, sanitarios, de competición, de persoal ou de material deportivo ata un máximo de 38.000 euros.

Estas subvencións, que se outorgan en réxime de concorrencia competitiva, contan no presente ano cun orzamento total dun millón de euros, o que supón un incremento de 100.000 euros respecto ao exercicio anterior. Con esta suba do 11%, o programa consolídase como unha liña de apoio clave para o deporte federado da provincia, co obxectivo de contribuír á estabilidade económica dos clubs e favorecer a súa competitividade en ligas e campionatos de alto nivel.

Luisa Sánchez informou da publicación desta convocatoria durante unha visita ao Club Baloncesto Seis do Nadal, na que subliñou que o incremento do orzamento responde “á nosa vontade de seguir acompañando aos equipos”. “Competir a nivel estatal non é só cuestión de rendemento deportivo; implica unha estrutura detrás que custa cartos cada fin de semana. Hai que manter equipos técnicos, cumprir requisitos federativos, atender lesións, repoñer material… e iso recae, en boa medida, nos nosos clubs”, sinalou.

A tamén deputada de Deportes aproveitou a súa visita ao Baloncesto Seis do Nadal para felicitar ás xogadoras dos equipos júnior e sénior pola gran tempada que están a asinar.

Na convocatoria de 2025, estas axudas beneficiaron a un total de 76 clubs deportivos da provincia. Destaca o caso de Vigo, onde 27 entidades recibiron apoio por un importe conxunto superior aos 300.000 euros. Como entidades beneficiarias figuran o Celta Atletismo, CB Seis do Nadal, AD Carballal, Traviesas Hockey Club, Sárdoma CF, Gran Peña FC, Maniotas ou Vigo Voleibol, entre outras.

Estas subvencións dirixidas aos clubs da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito estatal únense a outras aprobadas recentemente pola Deputación de Pontevedra, como as incluídas no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, as contempladas no programa Depo Van, ou as dirixidas a financiar bens e servizos en eventos na provincia, entre outras.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15133845,"groupId":"37861","name":"20260409_rafa_dominguez_voleibol1.jpg","alt":"Rafa Domínguez participa na presentación das finais do Campionato Xunta de Galicia de Voleibol","title":"20260409_rafa_dominguez_voleibol1.jpg","type":"document","uuid":"e7e08847-87c1-4579-8d25-e1d00859b157","fileEntryId":"15133845","resourcePrimKey":"15134027"}

Rafa Domínguez participa na presentación das finais do Campionato Xunta de Galicia de Voleibol

  09/04/2026

{"classPK":15131504,"groupId":"37861","name":"20260408_luislopez_pontevedra_circuito_deputacion_jphilippot_03.jpg","alt":"Luis López presenta o primeiro Circuíto de Atletismo Deputación de Pontevedra, unha novo impulso ao deporte de base e á axenda deportiva da provincia","title":"20260408_luislopez_pontevedra_circuito_deputacion_jphilippot_03.jpg","type":"document","uuid":"a2b8b11b-5bb6-04ae-dd57-59786a759894","fileEntryId":"15131504","resourcePrimKey":"15131521"}

Luis López presenta o primeiro Circuíto de Atletismo Deputación de Pontevedra, unha novo impulso ao deporte de base e á axenda deportiva da provincia

  08/04/2026

{"classPK":15043737,"groupId":"37861","name":"20260401_conferenciaprensa_rafaestevez_09.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260401_conferenciaprensa_rafaestevez_09.jpg","type":"document","uuid":"79ca6141-bf0f-337b-8b15-ebf863da16cf","fileEntryId":"15043737","resourcePrimKey":"15043758"}

Luis López anuncia que as axudas aos clubs deportivos que compiten no ámbito estatal medran ata acadar un millón de euros

  01/04/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.