A Deputación destina máis de 135.000 euros para que o Concello de Caldas de Reis reforme os vestiarios do polideportivo municipal

Trátanse de recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros, o dobre que na súa primeira edición, para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

16/05/2025

Conferencia de prensa de Rafa Domínguez

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de 135.542 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que Caldas de Reis reforme os vestiarios do polideportivo municipal. Como explicou o vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, “seguimos avanzando na mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos da provincia, modernizándoos como nunca antes se fixera e a través deste segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está dotado con 8 M €, o dobre que na pasada edición”.

Cos recursos deste plan da Deputación de Pontevedra, o Concello de Caldas poderá adecuar os espazos correspondentes á área de vestiarios, que se atopan deteriorados. Así, actualizarase o espazo ás actividades e servizos que actualmente se demandan e, aproveitando as obras, tamén se executarán uns aseos na área común.

Ao detalle, as obras que se executarán no polideportivo municipal serán interiores, consistentes en pintado e alicatado e instalacións de fontanería e electricidade, con novos paneis LED. En total, esta actuación conta cun orzamento que ascende aos 204.000 euros, polo que ademais dos 135.000 euros o Concello asume o importe restante, é dicir, 70.000 euros.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.