A Deputación aproba por valor de 400.000 € o convenio de colaboración cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para a posta en marcha do servizo de padrón municipal

“Seguimos avanzando na modernización dos concellos”, asegurou o presidente Luis López quen detallou que o convenio terá unha duración máxima de cinco anos e permitirá que os municipios que o desexen teñan unha novidosa solución de padrón municipal de habitantes

16/01/2026

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar por valor de 400.000 € o convenio marco de colaboración cos concellos de menos de 50.000 habitantes para o servizo de implantación, uso e soporte do padrón municipal de habitantes. “Seguimos avanzando na modernización dos concellos”, asegurou o presidente Luis López quen detallou que o convenio terá unha duración máxima de cinco anos e permitirá que os municipios que o desexen teñan unha novidosa solución de padrón municipal de habitantes.

A través deste convenio marco regúlase a colaboración cos municipios para a posta en marcha deste servizo e que suporá que aqueles de menos de 5.000 habitantes que desexen contar con esta solución abonen anualmente 203 €; os de entre 5.001 e 10.000 habitantes 406 €; os de entre 10.001 e 20.000 habitantes 609 €; e os de máis de 20.000 habitantes 1.015 €. Os concellos interesados deberán asinar a carta de adhesión habilitada pola Deputación.

Esta nova prestación de padrón municipal de habitantes prevé a instalación, xestión de acceso e identificación dos diferentes perfís e autorizacións; a integración coa plataforma de administración electrónica municipal para facilitar trámites e reducir os tempos de espera; e a integración do INE para o intercambio automático e seguro de datos.

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.