Rafa Domínguez participa no acto de entrega dos premios do Campionato Galego de Dh

21/09/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou no Miradoiro do Parque Forestal da Fracha no acto de entrega de premios do Campionato Galego de Dh. Unha proba deportiva na que se deron cita os amantes do ciclismo BTT, con case 120 participantes, e que agarda dar o salto internacional nos próximos anos.

Domínguez aproveitou a ocasión para poñer en valor o espazo no que se desenvolveu a proba, o Parque Forestal da Fracha, e enxalzar o papel do deporte para "impulsar hábitos saudables entre a cidadanía, construír sociedades mellores e dinamizar as contornas".

Galerias de imaxes