Entrega de medallas da quinta competición “Liga Provincial Pontevedra-DepoEscolas 2023" de piragüismo

02/09/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de participar na entrega de medallas da  quinta competición “Liga Provincial Pontevedra-DepoEscolas​ 2023” de piragüismo. Na proba déronse cita 400 deportistas, con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, de 22 clubs da provincia.

Fernández-Tapias remarcou o firme compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “un dos obxectivos prioritarios deste mandato e aposta miña persoal”, e puxo en valor as escolas deportivas da institución que, “en colaboración e coordinación coas federacións deportivas, están a fomentar a actividade deportiva entre os escolares do conxunto da provincia”.