A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias, participa na presentación da X-One Race

06/09/2023

Presentación X-ONE Race

 

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou en Vilaboa na presentación da X-ONE Race, unha carreira de obstáculos que reunirá o próximo 10 de setembro en Figueirido a máis de 400 participantes. Organizada pola asociación OCRA Galicia e a empresa Diesemm co apoio da institución provincial, Fernández-Tapias salientou que esta competición busca “mergullarse na aventura e sentir a adrenalina na contorna natural de Figueirido, o que fai que teña un carácter máis especial”. A vicepresidenta primeira puxo o foco na importancia de citas deportivas deste calibre, “que dinamizan o noso territorio á vez que xeran e promoven valores culturais e deportivos”. Por iso, reiterou “o apoio da Deputación para que esta proba se consolide, siga medrando e faga que a nosa provincia se converta nun hub do deporte”, xa que “somos a provincia do deporte e queremos convertelo nun reclamo para o resto do mundo”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.