A Deputación inaugura o próximo venres no Palacete das Mendoza unha exposición do pintor Jaime G. Armenteros
A mostra “Detrás de la puerta...” estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 8 de xuño
17/05/2025
A Deputación de Pontevedra inaugura este venres 23 de maio no Palacete das Mendoza a exposición "Detrás de la puerta...", do pintor Jaime G. Armenteros. Trátase dunha mostra que estará dispoñible ata o domingo 8 de xuño na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
En "Detrás de la puerta..." Jaime G. Armenteros mostra unha selección das súas obras, nas que mestura os seus tres estilos de pintura: realismo, a abstracción e o xeometrismo. O interese polo debuxo e a pintura do autor comezou na súa infancia, pero non foi ata o 2012 cando comezou a súa andanza de maneira autodidacta, realizando diferentes cursos de pintura. "Detrás de la puerta…" trátase da súa terceira exposición, despois da celebrada no Casino de Pontevedra no 2023 e na sede de Vigo do Colexio de Médicos en 2024.
Os horarios de visita da exposición "Detrás de la puerta..." do pintor Jaime G. Armenteros no Palacete das Mendoza a partir do venres 23 de maio e ata o domingo 8 de xuño serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.