A Deputación imparte unha formación na Escola de Enfermería para sensibilizar ao alumnado sobre a igualdade e a perspectiva de xénero

A charla, ofrecida pola politóloga Priscila Retamozo, enmárcase dentro da programación “Seguimos con todas e para todas”, deseñada pola institución provincial para o 8M

07/03/2024

formacion na Escola de Enfermeria

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar a acción formativa “Perspectiva de xénero, unha achega aplicada”, impartida pola politóloga Priscila Retamozo na Escola de Enfermería de Pontevedra. Na conferencia, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro da programación “Seguimos con todas e para todas”, deseñada para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado aproximouse a cuestións relacionadas coa interseccionalidade, a socialización feminina e a masculina, a saúde con perspectiva de xénero ou a sexualidade dende o enfoque de xénero, entre outros. “Somos moi conscientes do papel decisivo da educación para acadar unha sociedade equitativa, e por iso imos seguir promovendo accións como esta, que permiten fomentar a igualdade e a transversalidade da perspectiva de xénero no ámbito formativo”, asegurou a deputada.

No acto inaugural da conferencia, Sandra Bastos incidiu na importancia de “espallar a educación en igualdade en todas as profesións e eidos sociais”, algo máis necesario incluso en ámbitos como a enfermería. “Porque sempre estivo moi ligada ás mulleres e porque, desgraciadamente, aínda vemos numerosos exemplos, en pleno século XXI, de enfermeiras que seguen a sufrir situacións machistas no seu día a día”, nun traballo que require dunha alta cualificación e formación académica e que ocupa un lugar central entre as profesións sanitarias, como lembrou a responsable provincial de Igualdade.

Na formación os e as asistentes reflexionaron sobre a perspectiva de xénero dende un enfoque que favoreza un exercicio profesional eficaz, que non perpetúe estereotipos machistas. Ao longo das tres horas de duración da actividade, intercalouse a explicación do marco teórico con dinámicas participativas, posibilitando ao alumnado a reflexión e a expresión dos seus sentimentos, opinións, experiencias e coñecementos relacionados con esta materia.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":9346532,"groupId":"37861","name":"graduacion_enfermeria_2024_.jpg","alt":"Graducación da escola de Enferemería 2024","title":"graduacion_enfermeria_2024_.jpg","type":"document","uuid":"e0746d21-e54a-d0b2-650d-1e740a81788d","fileEntryId":"9346532","resourcePrimKey":"9350705"}

Luis López desexa “unha traxectoria plena, frutífera e feliz” á nova promoción de profesionais da Escola de Enfermería da Deputación

  14/06/2024

{"classPK":7504085,"groupId":"37861","name":"20230312_presentacion_guia_catedra_feminismos.jpg","alt":"Sandra Bastos, xunto coa directora do centro, Concepción Paz, e a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio","title":"20230312_presentacion_guia_catedra_feminismos.jpg","type":"document","uuid":"fcc7277d-a134-9a3b-cc29-0609f34b0cb0","fileEntryId":"7504085","resourcePrimKey":"7504105"}

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo lanzan unha guía para incluír a perspectiva de xénero na investigación no ámbito tecnolóxico e industrial

  12/03/2024

{"classPK":7360401,"groupId":"37861","name":"20240308_8M_01.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra apela á unión para acadar a igualdade na conmemoración do 8M ","title":"20240308_8M_01.jpg","type":"document","uuid":"e2ca00c9-f9e2-d6b1-267b-c9da89b234ae","fileEntryId":"7360401","resourcePrimKey":"7360499"}

A Deputación de Pontevedra apela á unión para acadar a igualdade na conmemoración do 8M coa voz da empresaria Susana Pérez e a música de Fillas de Cassandra

  08/03/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.