Luis López avanza que o próximo mércores Vigo será o escenario da Gala de Turismo 100 % Rías Baixas

A gala, na que se entregarán os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, contará coas actuacións da bailarina Eva Comesaña e dos grupos musicais Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron, e Eladio y los Seres Queridos

05/04/2024

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra adiantou que o próximo mércores 10 de abril, ás 19:30 horas, Vigo será o escenario da Gala de Turismo 100 % Rías Baixas. Esta "festa da excelencia turística da provincia", como a definiu Luis López, terá lugar no Pazo Los Escudos e entregaranse os distintivos de calidade do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Ademais, contará con proxeccións audiovisuais, espectáculos de danza da man da bailarina Eva Comesaña (unha das protagonistas da campaña 100 % Rías Baixas) e coa música de Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron, e do grupo Eladio y los Seres Queridos.

A Gala de Turismo terá como fío condutor a campaña 100 % Rías Baixas, baseada na auga. Ao mesmo tempo, segundo avanzou o presidente da Deputación, "porá en valor un destino infinito que ano tras ano ofrece máis costa, máis natureza, máis deporte, máis gastronomía, máis historia, máis termalismo e máis celebracións". Precisamente, estes sete eixes temáticos serán os bloques nos que se dividirá a Gala de Turismo.

Ademais, no transcurso do acto, porase en valor "o atractivo que As Rías Baixas teñen en Galicia, en España e en todo o mundo e o bo facer do sector turístico". Deste xeito, na gala serán protagonistas, tal e como avanzou o presidente, "as preto de 400 empresas que contan, ou están a piques de contar, co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino".

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.