Luis López inaugura a transformación acometida no treito de 1,2 quilómetros da estrada provincial entre Serrapio e Portela, na que a Deputación investiu 400.000 euros

“Un ano despois de anunciar estas obras aquí estamos, dando adeus a aquela estrada estreita, sen beiravías e insegura e inaugurando esta vía renovada para condutores e peóns”, remarcou o presidente provincial

14/12/2024

Inauguración da transformacion da estrada provincial entre Serrapio e Portela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado, Jorge Cubela, e a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de inaugurar a transformación e remodelación do treito de 1,2 quilómetros da estrada provincial entre Serrapio e Portela, na que o organismo provincial investiu 400.000 euros.  “Un ano despois de anunciar estas obras aquí estamos, dando adeus a aquela estrada estreita, sen beiravías e insegura e inaugurando esta vía renovada para condutores e peóns”, remarcou o presidente provincial.

No tramo de 1,2 quilómetros entre Serrapio e Portela ampliouse a plataforma da estrada ata acadar un ancho suficiente de 7 metros, con dous carrís de circulación, un trazado moito máis amable, un asfalto renovado e listo e unha sinalización máis visible. Deste xeito, as obras acometidas permitiron converter á vía nunha estrada máis segura para as persoas, que dispoñen ademais de beiravías máis amplas para o seu tránsito. “Esta transformación –recordou Luis López- foi posible grazas ao entendemento entre dúas administracións. Dun lado a Deputación que achegou os recursos necesarios e doutro o Concello, que con axilidade e traballo puxo a disposición os terreos necesarios e cuxa estreita colaboración se estende tamén a outros proxectos na vila, como o da estrada provincial EP-0405 entre Xesteira e Almofrei, cun investimento de case 950.000 €”.

“Este é un goberno que cumpre”, subliñou López quen recordou que este cumprimento se dá tanto na modernización dos servizos e infraestruturas, como nas competencias en mantemento e mellora de estradas, aproveitando para poñer en valor o papel da deputada Isabel Couselo, “á que non lle queda quilómetro dos 1.600 que compoñen a nosa rede viaria por percorrer”, como en canto á cooperación cos Concellos, “unha misión que cando noutro lado da mesa está Jorge Cubela, un municipalista convencido e traballador incansable, é moito máis sinxela”.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":12080407,"groupId":"37861","name":"20250131_roldaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López na rolda de prensa","title":"20250131_roldaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"b77b6a36-a346-c74e-c095-2d442d1be5d1","fileEntryId":"12080407","resourcePrimKey":"12080613"}

Luis López anuncia un investimento de 260.000 euros para mellorar a iluminación pública da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade

  31/01/2025

{"classPK":8380912,"groupId":"37861","name":"20240430_visita-isabel-couselo_estrada-provincial-serrapio-portela.jpg","alt":"Visita a estrada Serrapio Portela en Cerdedo-Cotobade","title":"20240430_visita-isabel-couselo_estrada-provincial-serrapio-portela.jpg","type":"document","uuid":"aefe2562-87c7-c75f-7420-622c06939d3a","fileEntryId":"8380912","resourcePrimKey":"8380953"}

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada provincial EP-7102 Serrapio-Portela en Cerdedo-Cotobade

  30/04/2024

{"classPK":8113377,"groupId":"37861","name":"20240412_Almofrei_slorenzo_01.jpg","alt":"O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Jorge Cubela, percorreu un treito desta estrada na que a Deputación inviste máis de 665.000 euros","title":"20240412_Almofrei_slorenzo_01.jpg","type":"document","uuid":"cd7f2185-5437-b8b5-5794-c214f204a507","fileEntryId":"8113377","resourcePrimKey":"8113522"}

Luis López pon de exemplo a obra de mellora da estrada entre Almofrei e A Xesteira como mostra do compromiso da Deputación coa rede de estradas provinciais

  12/04/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.