O deputado provincial Jorge Cubela recibe un grupo de alumnas e alumnos da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima na súa visita á Estación Fitopatolóxica Areeiro

19/01/2024

O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, acaba de recibir un grupo de alumnas e alumnos e profesorado da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima, Portugal, na súa visita á Estación Fitopatolóxica Areeiro. Durante a visita percorreron tanto a zona de recepción de mostras coma a sección de artrópodos, de fungos ou virus e de bioloxía molecular, así como a de solo e a de froiteiras e ornamentais. “Estou seguro de que este percorrido vos será de utilidade para a materia de Protección de Culturas na Agricultura Ecolóxica que estades a cursar no marco do máster en Agricultura Ecolóxica”, afirmou Jorge Cubela, quen tamén lle agradeceu ao profesorado da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima “que nos tivese en conta para programar esta visita. Estamos encantados de colaborar cos centros formativos e con estudos que, coma o que estades a cursar, axudan a mellorar o sector agrario”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.