Luis López trata con José Dieste, fundador de Castes, a Feira Independente do Viño de Vilagarcía de Arousa, a relevancia deste evento para o sector

06/11/2023

Luis López fundador de Castes Feira Viño Independente Vilagarcía Jose Dieste importancia eventos sector provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este luns un encontro de traballo con José Dieste, o fundador de Castes, a Feira Independente do Viño de Vilagarcía de Arousa, que se celebra o vindeiro 19 de novembro na praza de abastos do municipio arousán. O dirixente provincial coñeceu o programa da actividade e tratou con Dieste a relevancia deste tipo de eventos para un sector estratéxico como son a enoloxía e a viticultura na provincia de Pontevedra.