Luis López estudia co comisario provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz, o estado da seguridade cidadá na provincia de Pontevedra

06/11/2023

Luis López estudia comisario provincial Policía Nacional Juan José Díaz cuestións relacionadas seguridade cidadá provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este luns un encontro de traballo co comisario provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz Jiménez. Durante a reunión, ambos os dirixentes estudaron o estado da seguridade cidadá no territorio provincial, ao mesmo tempo que puxeron sobre a mesa as necesidades e os retos de futuro neste eido para conseguir unha provincia máis segura.