Luis López anuncia a continuidade da senda peonil entre Tabagón e Goian, no Rosal, tras investir a Deputación 740.000 euros nas primeiras fases

O presidente provincial, acompañado pola deputada Belén Cachafeiro e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, comprobou o remate dunha obra de mellora da seguridade viaria que inclúe un itinerario de 1.800 metros e a reposición do pavimento

10/02/2025

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca o impulso á mellora da seguridade viaria na rede de estradas provinciais que está a levar a cabo o executivo provincial nunha visita ao Concello do Rosal para comprobar o remate da obra de construción dunha senda peonil na EP-3303 entre as localidades de Tabagón e Goián que supuxo un investimento de 740.000 euros financiados integramente pola Deputación e que, segundo anunciou o dirixente, terá continuidade cunha terceira fase para completar toda a estrada. “Trátase dunha actuación importante que pon de manifesto a filosofía. Tanto no ano 2024 como no 2025 estamos continuamente falando de melloras na rede viaria da Deputación. E este é un claro exemplo do que promovemos, que é a modernización das estradas provinciais e dotar a todos os usuarios, peóns e vehículos, da seguridade que conleva unha actuación deste calado”, afirmou o presidente provincial, que visitou a obra xunto coa deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

A actuación centrouse entre os puntos quilométricos PQ-795 e 3+600, nun treito de 1.800 metros de lonxitude, e consistiu na construción dun itinerario peonil na marxe dereita do viario, así como a pavimentación da totalidade da estrada, coa creación dunha zona de convivencia de prioridade peonil e a mellora de todos os servizos de recollida de augas pluviais e alumeado. “”Unha actuación que veu precedida das tan necesarias cesións. E quérollo agradecer aos titulares dos terreos por dar esas facilidades e grazas a eles se fixo realidade esta senda”, recoñeceu o presidente López.

“Esta é a definición dun cambio para a mellora da calidade de vida da veciñanza. Agardamos seguir tendendo pontes coa Deputación”, declarou a alcaldesa Ánxela Fernández despois de completar a visita a esta reformada estrada do Rosal. Neste sentido, o presidente Luis López amosou tamén a súa satisfacción pola colaboración para facer realidade esta obra e adiantou que o ente provincial executará a terceira fase da obra para completar a senda peonil ao longo de toda a estrada entre as localidades de Tabagón e Goián.

Así mesmo, detallou o mandatario provincial o apoio previsto pola Deputación ao Concello do Rosal para este ano a través dos plans +Provincia, Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan Extra, polo que O Rosal recibirá ata un máximo de 700.000 euros, que destinaría á reforma interior do auditorio municipal. Neste punto, matizou López que o goberno provincial eliminou unha cláusula implantada na época do goberno anterior que penalizaba ao Concello se conseguía subvencións de outras administracións que non foran a Deputación. “Iso non ten que ser así”, afirmou o presidente. “Optar a estes fondos non implica penalizar fondos doutra administración. E O Rosal foi un claro exemplo, se conseguían fondos doutra administración se lle retraía ao Concello”, explicou López.

“Seguimos avanzando para facer unha provincia extraordinaria da man dos alcaldes e alcaldesas para que sexamos un referente na rehabilitación de infraestruturas”, concluíu o presidente Luis Ló

Galerias de imaxes

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14110269,"groupId":"37861","name":"20251202_belen-cachafeiro-alcaldesa-o-rosal.jpg","alt":"Belén Cachafeiro, mantivo un encontro coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís","title":"20251202_belen-cachafeiro-alcaldesa-o-rosal.jpg","type":"document","uuid":"7f83bd30-1153-6743-7097-e9a0ed914cb0","fileEntryId":"14110269","resourcePrimKey":"14110289"}

A Deputación e o Concello do Rosal reúnense para analizar a redacción dun proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3302 Tabagón- O Rosal-Portocelo

  02/12/2025

{"classPK":12160578,"groupId":"37861","name":"20250208_luislopez_lalin_jphilippot_14.jpg","alt":"","title":"20250208_luislopez_lalin_jphilippot_14.jpg","type":"document","uuid":"1d33d3ee-dbb1-67ec-8cfd-a553793a7d98","fileEntryId":"12160578","resourcePrimKey":"12160600"}

Luis López presenta como un novo impulso ás infraestruturas e aos colectivos do rural o investimento de 820.000 euros para o centro social de Carragoso, en Lalín

  08/02/2025

{"classPK":12145353,"groupId":"37861","name":"20250207_rolda-prensa_rafaestevez_02.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250207_rolda-prensa_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"1ad64f16-99d7-b350-f027-42f4b0cc8b77","fileEntryId":"12145353","resourcePrimKey":"12145394"}

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana máis de 1,8 millóns euros para que nove concellos impulsen investimentos e contraten persoal

  07/02/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.