Luis López asiste ao pleno extraordinario de toma de posesión de Gonzalo Louzao como novo alcalde da Estrada

20/04/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado ao pleno extraordinario de toma de posesión de Gonzalo Louzao como novo alcalde da Estrada, en substitución do exdeputado provincial Jose López, que xa exerce como conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude da Xunta de Galicia.

O mandatario provincial presenciou como Jose López facía entrega do bastón de mando ao novo rexedor. Logo, Gonzalo Louzao pronunciou o seu primeiro discurso como alcalde da Estrada.