Luis López enxalza a Festa da Rosa de Mos como unha experiencia 100 % Rías Baixas que pon en valor a cultura e a historia e reforza a identidade da provincia

O presidente provincial destaca, no acto de apertura das festas, a implicación neste tipo de celebracións do tecido asociativo, que conta co apoio do goberno provincial

13/06/2024

Luis López na festa da Rosa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, enxalzou a Festa da Rosa de Mos, evento de interese turístico de Galicia, como unha celebración que pon en valor a cultura e a historia do Concello, que atrae cada ano a milleiros de visitantes e que reforza os lazos familiares, de amizade e de identidade da veciñanza coa provincia no acto de apertura destas festas que celebran este ano a súa edición número 51. “A Festa da Rosa é unha experiencia 100 % Rías baixas”, resumiu o mandatario provincial.

Acompañado polo deputado provincial Alejandro Lorenzo e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, á que Luis López felicitou e gabou polo seu traballo a prol da veciñanza e polo seu compromiso para mellorar os servizos e as infraestruturas do Concello; o titular do goberno provincial quixo resaltar a implicación da veciñanza na organización da festa.

Neste sentido, López lembrou a vocación municipalista da Deputación para colaborar tanto cos concellos como co tecido asociativo da provincia. “Hai que destacar a importante e transcendente papel que ten a implicación veciñal nesta festa, para eles o meu agradecemento e parabéns”, afirmou o presidente nunha referencia ao apoio do goberno provincial ás asociacións veciñais como a Asociación de Mulleres Rurais de Mos, encargada da elaboración das empanadas de millo que se degustaron nesta xornada.

Concluíu o mandatario provincial a súa intervención augurando un próspero futuro á Festa da Rosa de Mos e convidando a toda a cidadanía e visitantes da provincia a “desfrutar dunha experiencia 100 % Rías Baixas”.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15862118,"groupId":"37861","name":"20260526_luislopez_presentacionfestarosamos_madrid_01.jpg","alt":"Luis López convida en Madrid a descubrir a Festa da Rosa de Mos, unha cita que representa a riqueza cultural, gastronómica e natural do destino turístico Rías Baixas","title":"20260526_luislopez_presentacionfestarosamos_madrid_01.jpg","type":"document","uuid":"855c15cc-bfb9-873f-daa8-d1ee14f315dd","fileEntryId":"15862118","resourcePrimKey":"15862210"}

Luis López convida en Madrid a descubrir a Festa da Rosa de Mos, unha cita que representa a riqueza cultural, gastronómica e natural do destino turístico Rías Baixas

  26/05/2026

{"classPK":8682778,"groupId":"37861","name":"20240613_luislopez_genteviajera_jphilippot_13.jpg","alt":"Entrega dos primeiros premios Xente Viaxeira de Galicia","title":"20240613_luislopez_genteviajera_jphilippot_13.jpg","type":"document","uuid":"483c5595-2ac7-9f21-5c46-4d5b3e3949c3","fileEntryId":"8682778","resourcePrimKey":"8682793"}

Luis López sinala a importancia da colaboración entre a Administración e o sector turístico para que “o destino Rías Baixas siga vivindo un momento doce”

  13/06/2024

{"classPK":8665712,"groupId":"37861","name":"20240611_minho_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López presenta o proxecto turístico transfronteirizo Visit Rio Minho Plus","title":"20240611_minho_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"151dc857-ff7f-68c1-8b2d-25c046c4b6e0","fileEntryId":"8665712","resourcePrimKey":"8665746"}

Luis López presenta o proxecto turístico transfronteirizo Visit Rio Minho Plus, “a suma dos atractivos de ambos os lados da raia”

  11/06/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.