Luis López festexa en Pasarón o ascenso do Pontevedra á Primeira Federación despois da vitoria sobre o Laredo
20/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, asistiu este domingo ao partido de fútbol entre o Pontevedra e o Laredo, do grupo I de Segunda Federación. Un encontro no que o Pontevedra confirmou o ascenso á Primeira Federación despois de conseguir a vitoria e redondear unha extraordinaria temporada, na que ademais de conseguir o título de liga conseguir chegar ata oitavos de final da Copa do Rei exhibindo un xogo moi atractivo e eliminado tres rivais de categoría superior, dous deles de Primeira División.
O mandatario provincial deu os parabéns ao equipo e a todos os membros do club polo éxito acadado e anima á entidade a seguir traballando na mesma liña de crecemento, a Deputación, principal patrocinador do club, seguirá sendo un aliado leal do Pontevedra.


