Luis López participa na carreira da AECC “En marcha contra o cancro” en Pontevedra

08/10/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente segundo, Rafa Domínguez, participou este domingo na quinta edición da carreira que organiza cada ano a Asociación Española Contra o Cancro na capital da provincia e cuxa recadación se destinará a financiar programas de prevención e atención psicolóxica e social para pacientes e familiares, así como a fomentar proxectos de investigación. O mandatario provincial tomou a saída na avenida de Montero Ríos para completar un percorrido de case 7 quilómetros polo casco histórico pontevedrés.