A Deputación tínguese de verde, azul, rosa e amarelo con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama Metastático

A institución súmase á iniciativa para darlle visibilidade á enfermidade a través da iluminación do Pazo provincial

12/10/2023

A Deputación de Pontevedra iluminará o seu Pazo provincial coas cores verde, azul, rosa e amarelo desde este venres 13 de outubro, ás 19:30 horas, ata o próximo luns 16 de outubro, ás 8:00 horas, con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama Metastático (CMM).

A iniciativa promovida pola Asociación Española Cancro de Mama Metastático ten por obxectivo que tanto entidades de ámbito privado coma público, entre as cales se inclúe a Deputación de Pontevedra, se sumen ás súas reivindicacións coa iluminación das fachadas dos seus edificios. As cores elixidas son: verde para simbolizar a esperanza, azul pola curación, rosa pola orixe do cáncer e amarelo como representación do sol e da vida, das ganas de vivir.

O cancro de mama metastático é o estadio máis grave da enfermidade que afecta entre un 20 % e un 30 % das persoas diagnosticadas de cancro de mama. Non ten cura pero existen tratamentos que poden prolongar a esperanza de vida das persoas diagnosticadas. Nese sentido, a investigación xoga un papel clave, tanto para atopar unha cura coma para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.