Luis López aplaude a rectificación do Concello de Pontevedra sobre a capacidade xestora da Deputación co Museo

O mandatario provincial agarda á solicitude oficial por parte do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para explorar os mecanismos que permitan incorporar o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais ao Museo de Pontevedra

13/03/2026

Luis López aplaude a rectificación do Concello de Pontevedra sobre a capacidade xestora da Deputación co Museo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, aplaude a rectificación por parte do Concello de Pontevedra sobre a capacidade xestora da Deptutación co Museo e amosa a predisposición do organismo provincial para escoitar propostas sobre o CITA, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, de titularidade municipal e que leva pechado máis dun ano. “Estamos dispostos a escoitar calquera proposta que pase por enriquecer a oferta museística e cultural de Pontevedra”, respondeu o mandatario provincial á pregunta dun xornalista na habitual rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno de cada venres, na que confirmou tamén a apertura das Ruínas de San Domingos ás visitas este domingo.

Antes de tomar unha decisión firme sobre a xestión desta infraestrutura municipal por parte da Deputación, o presidente Luis López agarda que sexa o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen solicite formalmente o traspaso destas competencias, que polo momento só se plasmou nun acordo da Comisión de Cultura do Concello de Pontevedra.

Con todo, o mandatario provincial quixo expresar tamén a súa sorpresa por este ofrecemento. “Só en Pontevedra pasa que o goberno lle pide ao vicepresidente provincial que xestione un activo do Concello”, reflexionou López, quen reclamou tamén ao goberno local de Pontevedra que se desculpe publicamente polos “insultos” ao vicepresidente Rafa Domínguez, ao que teñen acusado de ser incapaz xestionar as súas competencias á fronte do Museo de Pontevedra. “Axudaría moito que en Michelena pediran perdón por insultar a quen agora piden axuda”, rematou Luis López.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":14819645,"groupId":"37861","name":"rafa-madrid.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita no Museo Reina Sofía e na Residencia de Estudiantes de Madrid dúas exposicións para as que cedeu obras o Museo de Pontevedra","title":"rafa-madrid.jpg","type":"document","uuid":"c4054171-a86c-d20f-050d-1ef5532f3da6","fileEntryId":"14819645","resourcePrimKey":"14819918"}

Rafa Domínguez visita no Museo Reina Sofía e na Residencia de Estudiantes de Madrid dúas exposicións para as que cedeu obras o Museo de Pontevedra

  09/03/2026

{"classPK":14710455,"groupId":"37861","name":"rafa_dominguez_e_inaki_martinez_antelo.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara","title":"rafa_dominguez_e_inaki_martinez_antelo.jpg","type":"document","uuid":"dafa8169-64b0-2e7d-55d5-bc92af8b339c","fileEntryId":"14710455","resourcePrimKey":"14710473"}

A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara

  28/02/2026

{"classPK":14697975,"groupId":"37861","name":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","alt":"A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra","title":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","type":"document","uuid":"ea343894-a472-2ba4-80ec-987d8b75bb29","fileEntryId":"14697975","resourcePrimKey":"14698138"}

A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra

  26/02/2026