Luis López participa desde o Pazo provincial na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables da FEMP
02/06/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este martes por videoconferencia desde o Pazo provincial na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP e do que Luis López é vicepresidente segundo. A sesión, entre outros asuntos ordinarios, serviu para informar sobre a sinatura do convenio entre a FEMP e o Ministerio de Sanidade, así como dar conta das bases reguladoras e convocatorias para a selección de proxectos presentados polas entidades locais para potenciar a acción desta Rede. Tamén informouse sobre a Conferencia Anual da Rede Europea de Cidades Saudables que terá lugar este mes en Viana do Castelo e a proposición do proxectos da RECS para a Fase VIII da rede europea.

