Luis López asiste telematicamente áLuis López asiste telematicamente á xuntanza do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables
22/07/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar por videoconferencia na xuntanza do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), da que é vicepresidente. Na xuntanza afondouse no plan de actuacións da rede para este ano, así como achegouse información sobre a convocatoria de axudas ou as actividades da Rede Europea de Cidades Saudables da OMS. Tamén se presentou un borrador sobre a alimentación saudable e sostible no primeiro ciclo de Educación Infantil e expuxéronse actividades relacionadas co Comisionado de Saúde Mental.
