Luisa Sánchez acompaña ao Instituto de Estudos Vigueses na celebración do seu 35º aniversario

30/06/2026

Luisa Sánchez acompaña ao Instituto de Estudos Vigueses na celebración do seu 35º aniversario

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este martes ao acto conmemorativo do 35º aniversario do Instituto de Estudos Vigueses (IEV), celebrado no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). O evento incluíu unha homenaxe ás persoas falecidas vinculadas ao IEV, un recoñecemento aos cinco membros fundadores, coñecidos como ‘Os cinco do 91’, así como a actuación musical dun sexteto de corda. A celebración concluíu coa intervención da presidenta do Instituto de Estudos Vigueses, Mercedes Bangueses, quen puxo en valor a traxectoria da entidade ao servizo da memoria da cidade. Luisa Sánchez felicitou ao IEV pola labor que desenvolve desde hai máis de tres décadas na investigación, difusión e conservación do patrimonio histórico, cultural e social de Vigo.

Galerias de imaxes