A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao IX Trofeo Concello de Sanxenxo, que enfrontou ao Villalonga e ás Celtas

14/08/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto ao deputado provincial e concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Marcos Guisasola, asistiu este mércores ao IX Trofeo Concello de Sanxenxo, que enfrontou no Campo de fútbol Novo San Pedro ao Atlético Villalonga e ás Celtas. O partido supuxo a presentación do equipo para a temporada 2024-2025 do conxunto sanxenxino e o segundo encontro disputado pola nova sección feminina do Real Club Celta, un proxecto que a presidenta provincial definiu como “un sono que levábamos anos reclamando e que, por fin, se fixo realidade”.

Galerias de imagenes