Luisa Sánchez participa no 30º aniversario do Consello Social da UVigo e na homenaxe a Ernesto Pedrosa Silva

17/06/2026

Luisa Sánchez participa no 30º aniversario do Consello Social da UVigo e na homenaxe a Ernesto Pedrosa Silva

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores no acto conmemorativo do 30º aniversario do Consello Social da Universidade de Vigo, celebrado no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués. O evento serviu para poñer en valor tres décadas de traballo desta institución como ponte entre a universidade e a sociedade. No transcurso da celebración, rendeuse tamén unha homenaxe ao presidente, Ernesto Pedrosa Silva, pola súa dedicación e compromiso. Luisa Sánchez sumouse ao recoñecemento á súa traxectoria e destacou a importancia do labor desenvolvido polo Consello Social para fortalecer os vínculos entre o ámbito académico e o conxunto da provincia.

Galerias de imaxes