Luisa Sánchez entrega a Alfredo Blanco o Premio Honorífico de AJE Vigo
30/09/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, entregou este martes ao director xeral da corredoría de seguros Suevia, Alfredo Blanco, o Premio Honorífico que cada ano concede a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Vigo. A representante provincial gabou a traxectoria profesional do galardoado, convertido nun referente do sector en Galicia tras máis de 25 anos traballando na mediación de seguros. Neste sentido, salientou que Alfredo Blanco "sempre deixou claro que sabe a onde se dirixe pero tamén de onde vén, dado que o capital da súa firma é cen por cen galego".
Do mesmo xeito, Luisa Sánchez felicitou aos nominados na gala de entrega de premios organizada por AJE Vigo. "Sodes un orgullo colectivo. Representades o mellor desta cidade: creatividade, innovación e, sobre todo, a capacidade de soñar en grande", indicou.
