Luisa Sánchez salienta o papel estratéxico do sector naval e marítimo na proxección internacional de Vigo
25/02/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores no congreso internacional naval, marítimo e portuario Maritime Trends, que se celebra en Vigo. Un encontro que reuniu expertos, industria e innovación arredor do ecosistema marítimo global. Durante a súa intervención, Sánchez subliñou que a cidade e a provincia manteñen unha vinculación histórica co mar, configurando un tecido económico no que a construción naval, a actividade portuaria, a pesca, a loxística e a industria auxiliar resultan fundamentais para o desenvolvemento do territorio. Luisa Sánchez destacou tamén que foros internacionais deste nivel contribúen a situar Vigo no mapa, reforzando a súa reputación en ámbitos como a pesca, a construción naval e a exportación de produtos do mar.