Luisa Sánchez comparte coa veciñanza de Cabral os actos festivos e relixiosos na honra a Santa Mariña
19/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo ás festas de Santa Mariña de Cabral para acompañar á veciñanza nunha das datas máis sinaladas do ano na parroquia. Ademais de compartir a mañá cos asistentes e os membros da comisión, a representante provincial en Vigo participou na misa solemne e na posterior procesión. Durante o percorrido levou ao ombreiro a imaxe da Virxe xunto a outros veciños.
