Luisa Sánchez reivindica o Vigo SeaFest como unha oportunidade para redescubrir o valor do mar

10/07/2026

Luisa Sánchez reivindica o Vigo SeaFest como unha oportunidade para redescubrir o valor do mar

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres na inauguración da sétima edición do Vigo SeaFest, onde destacou a capacidade deste evento para achegar á cidadanía unha realidade que forma parte da vida diaria de Vigo pero que, en ocasións, pasa desapercibida. “Nunha cidade como esta, o mar está tan presente que ás veces corremos o risco de dalo por feito”, sinalou durante a súa intervención, na que definiu o evento como unha proposta que permite coñecer mellor todo o que hai detrás dun sector clave para a cidade a través da gastronomía, a divulgación e as actividades programadas. Luisa Sánchez reservou tamén unhas palabras para os restauradores participantes, aos que agradeceu a creatividade que achegan ao festival coas súas elaboracións. Ademais, reafirmou o apoio da Deputación a esta cita e animou a vigueses e visitantes a descubrir as propostas desta nova edición.

Galerias de imaxes