A Deputación organiza o próximo sábado unha xornada para as familias de Pontevedra con animación, música, inchables, merenda e charlas para aprender a navegar por Internet con seguridade

Trátase de +Convivir Peques, a iniciativa lúdica e formativa dirixida ás familias da provincia que arrancou en maio en Vilagarcía e o próximo sábado estará aberta á veciñanza de Pontevedra a partir das 16:30 horas

06/09/2025

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o próximo sábado 13 de setembro na capital da provincia o programa provincial +Convivir Peques. Trátase dunha xornada para as familias con animación, música, merenda, inchables e charlas que estará aberta á veciñanza da cidade a partir das 16:30 horas cando terá lugar a sesión “Navega con seguridade”, impartida polo departamento de Participación Cidadá de Pontevedra e a Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa.

Ademais da conferencia, que terá lugar entre as 16:30 e as 17.30 horas, haberá tamén unha actividade de reciclaxe a cargo de persoal do CEIDA, a partir das 17.30 horas. Tamén se disporá na Avenida de Montero Ríos, diante do Pazo provincial, do inchable máis grande de España e haberá actividades de animación da man do mago Paco co seu espectáculo Hocus Pocus.  A xornada culminará coa música do DJ Jorge Álvarez, a partir das 19:00 horas, e cunha merenda.

+Convivir Peques sigue a estela de +Convivir, o programa que naceu o pasado ano para unir á veciñanza da provincia cunha proposta de lecer, aprendizaxe e debate sobre cuestións que preocupan á sociedade. No caso do programa que agora chega a Pontevedra, +Convivir Peques, o obxectivo é que as familias, o núcleo básico da sociedade, sexa protagonista desta iniciativa provincial que ten previsto chegar a todas as comarcas da provincia.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.