A Deputación avanza que destinará 170.000 euros a Soutomaior para financiar as obras de mellora da seguridade viaria e pavimentación en Camiño O Val-Lourido

A deputada provincia Nava Castro visitou hoxe o concello para anunciar que este mesmo venres se aprobarán estes recursos, que son parte dos 430.000 € que Soutomaior recibe ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia

20/05/2025

Nava Castro en Soutomaior

A deputada provincial Nava Castro visitou hoxe Soutomaior, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar as obras de mellora da seguridade viaria e pavimentación en Camiño O Val-Lourido. Farao a través dun investimento de 169.964 euros que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial procedentes da liña 1 do Plan +Provincia, da que a Soutomaior lle corresponden un total de 432.365 € neste 2025.

A deputada deu conta dos traballos que Soutomaior levará a cabo grazas a este investimento, que busca resolver o mal estado no que se atopa actualmente o camiño do Val-Lourido, na parroquia de Soutomaior, e fai que sexa preciso actuar nas zonas mais amplas e sen regularización, formando unhas novas áreas de calmado para a súa mellora da seguridade viaria e pavimentación dos tramos do camiño. En concreto, realizaranse actuacións previas que consisten en realizar unha limpeza e desbroce das marxes do camiño e a retirada e traslado do mobiliario e poste existentes; realizarase o corte do pavimento, a demolición e levantado do bordo e das beirarrúas e a reparación da superficial, e finalmente sinalarase a actuación con marcas viarias e sinais verticais, subministrarase un banco de granito e se plantarán especies vexetais.

Nava Castro lembrou que no 2025 Soutomaior recibe 617.655 euros a través das catro liñas do Plan +Provincia e que, no marco da liña 1, , ata a data xa se aprobaron 229.000 euros para a reforma do salón de plenos e o acondicionamento da contorna do Concello. A deputada enxalzou este programa que “é un exemplo da forma de actuar da Deputación, escoitando aos concellos e dando resposta ás súas necesidades”. E engadiu que co +Provincia “estamos a impulsar o avance das nosas vilas e pobos, a conseguir que esta provincia vaia a máis, con actuacións transformadoras como esta que hoxe anunciamos en Soutomaior, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":12831367,"groupId":"37861","name":"20250522_NAVA-CASTRO_PAZOS-PROVINCIA.jpg","alt":"Nava Castro en Pazos de Borbén","title":"20250522_NAVA-CASTRO_PAZOS-PROVINCIA.jpg","type":"document","uuid":"ff5fee91-3b84-cfc2-d9cd-07afe77a73c6","fileEntryId":"12831367","resourcePrimKey":"12831399"}

A Deputación investirá preto de 70.000 euros para mellorar o acceso á escola de Outeiro, en Pazos de Borbén

  22/05/2025

{"classPK":12828108,"groupId":"37861","name":"20250521_Sandra Bastos_Provincia-Redondela.jpeg","alt":"obras de reurbanización da rúa do Prego de Montaos, en Vilavella","title":"20250521_Sandra Bastos_Provincia-Redondela.jpeg","type":"document","uuid":"177dd195-95f6-00fe-b1a7-8b185c665b2e","fileEntryId":"12828108","resourcePrimKey":"12828124"}

A Deputación avanza que destinará 140.000 euros a Redondela para financiar integramente as obras de reurbanización da rúa do Prego de Montaos, en Vilavella

  21/05/2025

{"classPK":12828062,"groupId":"37861","name":"20250521_Javier-Touris_Provincia-Vilagarcia.jpeg","alt":"obras de ampliación do saneamento e abastecemento na rúa Muíños de Cea","title":"20250521_Javier-Touris_Provincia-Vilagarcia.jpeg","type":"document","uuid":"ac2e1b80-c3dd-92f6-4b5e-b14252d30474","fileEntryId":"12828062","resourcePrimKey":"12828082"}

A Deputación avanza que destinará 92.000 euros a Vilagarcía de Arousa para financiar as obras de ampliación do saneamento e abastecemento na rúa Muíños de Cea

  21/05/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.