A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata A Cañiza para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

27/03/2025

O deputado provincial Javier Tourís

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís , visitou o Concello da Cañiza coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial reuniuse co alcalde da vila, Luis Antonio Gómez Piña, para divulgar esta oficina e as actuacións que +Renovables promove.

Javier Tourís recordou que a oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia “para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo”. “Trátase –engadiu o deputado- dun vehículo 100% eléctrico desde onde estamos a informar in situ sobre cuestións de índole legal, como a redacción de estatutos e normas, a cesión de cubertas ou a revisión de contratos de execución de obras; técnica, como o deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica; e tamén económica, achegando información sobre créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento”.

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. A  Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

 

Novas relacionadas

{"classPK":12639215,"groupId":"37861","name":"20250423_JAVIER-TOURIS-RENOVABLES-MEIS.jpeg","alt":"","title":"20250423_JAVIER-TOURIS-RENOVABLES-MEIS.jpeg","type":"document","uuid":"972812ae-7387-21bb-0680-9d6b4df7d1cd","fileEntryId":"12639215","resourcePrimKey":"12639983"}

A Deputación organiza en Meis unha xornada de difusión sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

  23/04/2025

{"classPK":12585077,"groupId":"37861","name":"20250412_javiertouris_renovables_baiona.jpeg","alt":"O deputado Javier Tourís xunto co alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña","title":"20250412_javiertouris_renovables_baiona.jpeg","type":"document","uuid":"86b423e0-cd7e-2691-e457-8ec6a8e32300","fileEntryId":"12585077","resourcePrimKey":"12585102"}

A Deputación organiza en Baiona unha xornada de difusión sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

  12/04/2025

{"classPK":12561485,"groupId":"37861","name":"20250408_javier_touris__renovables_portas.jpeg","alt":"Xornada de difusión sobre comunidades enerxéticas en Portas","title":"20250408_javier_touris__renovables_portas.jpeg","type":"document","uuid":"a624b2d0-7581-2781-25ab-812d34818569","fileEntryId":"12561485","resourcePrimKey":"12561501"}

A Deputación organiza en Portas unha xornada de difusión sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

  08/04/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.